
Experiments in Three-Colour Separation
- 21 minutos
Película onde se analizan con pormenor as teorías e principios da separación de tres cores en cine e fotografía, proceso explorado por Arthur e Corinne Cantrill desde 1975, inspirado polas teorías de James Clerk Maxwell e os métodos do Technicolor.
“Fixemos os nosos primeiros ensaios de separación de cores a finais de 1975 antes de irmos a Australia Central, axudados por un amigo que traballaba como químico nun laboratorio de cine. Había que facer probas para determinar que filtros Kodak Wratten debían utilizarse para as tres separacións, e logo con que luces de laboratorio se tiñan que copiar os rolos A, B e C (é dicir, os rolos de impresión vermello, verde e azul). Os resultados foron alentadores: a rica e fiel saturación da cor era máis satisfactoria que as películas de cor dispoñibles comercialmente. A característica máis significativa do noso traballo na separación de tres cores é que se trata de separación de tempo-cor. Cada plano tarda aproximadamente cinco minutos en facerse, desde o comezo da toma co filtrado vermello, cambiando o diafragma da cámara e inserindo o filtro verde no portafiltros e, a continuación, o mesmo para a toma co filtro azul. Así pois, as tres tomas son consecutivas no tempo, non hai superposición en cámara. A superposición dos tres rexistros cromáticos realízase no laboratorio sobre unha película negativa de cor. En definitiva, desde 1975 ata o noso último traballo, The Room of Chromatic Mystery (2006), realizamos unhas dezaoito películas de separación de cores. Moi cautelosas as primeiras, máis arriscadas as últimas.” – Arthur e Corinne Cantrill.
- Ano:1980
- Países de produción: Australia