
Notes on the Passage of Time
- 17 minutos
“Un estudo de separación de tres cores filmado nunha rúa de Pearl Beach. Examínase a mesma escena varias veces durante o día, desde a primeira hora da mañá ata o final da tarde. Percíbese o efémero da actividade humana nas pegadas transparentes e coloridas dos elementos en movemento, mentres que, polo contrario, os elementos inanimados teñen unha calidade sólida e permanente. Ademais do paso diario do tempo, existe outro estacional, xa que a primeira parte rodouse a comezos do inverno, mentres que a segunda parte fíxose a mediados do verán. De feito, nesta película preséntanse tres dimensións da pasaxe do tempo: a separación cromática, a progresión do día e a estacional.” – Arthur e Corinne Cantrill.
- Ano:1979
- Países de produción: Australia