Didáctica

A Filmoteca de Galicia conta cunha área de didáctica centrada na formación de novos públicos e na posibilidade de contribuir a un maior coñecemento do labor de recuperación, restauración e difusión do patrimonio cinematográfico do centro.

A proposta educativa que se fai desde a Filmoteca de Galicia márcase como obxectivo principal coordinar accións diversas que permitan achegarse ao cinema como arte e coñecemento e xerar oportunidades de descubrirmos o cine e vencellármonos con el.

Para todo isto a Filmoteca ten unha dupla liña de traballo:

  • A programación de cine para familias, escolas e institutos, estruturada a través dos programas Filmoteca Júnior, Novas miradas, CinEd.
  • A introdución da práctica creativa nos centros educativos a través dos programas internacionais Cinema en curso e Fotografía en curso coa presenza de fotógrafos e cineastas que traballan conxuntamente cos docentes e acompañan os procesos de creación do alumnado ao longo de todo o curso escolar e en horario lectivo.

 

Convocatorias para participar en Fotografía en curso, Cinema en curso 2023-2024:

 

Contacto

Rúa Durán Loriga, 10 baixo
15003 A Coruña
Galicia - España
(34) 881 881 269
monica.garcia.iglesias@xunta.gal