Cinema en curso

Cinema en curso

O CGAI coordina en Galicia Cinema en curso, un programa internacional de pedagoxía do cine en escolas e institutos que actualmente se desenvolve en Galicia, Cataluña, Madrid, Euskadi, Arxentina, Chile e Alemaña.

Cinema en curso ten dous obxectivos prioritarios: formar público sensible, activo e autónomo, con interese e capacidade de gozar de manifestacións culturais e cinematográficas diversas e desenvolver as potencialidades pedagóxicas da creación cinematográfica na escola e no instituto.

O programa articúlase a partir de catro eixos principais:

  • A presenza regular e continuada de cineastas nos centros educativos impartindo obradoiros xunto aos mestres e profesores, dentro do horario lectivo.
  • O descubrimento da arte cinematográfica a partir dunha metodoloxía que liga estreitamente a práctica creativa co visionado de películas.
  • A formación dos mestres/as e profesores/as.
  • O laboratorio de investigación aplicada: a partir da análise das experiencias dos obradoiros, o equipo de cineastas e docentes crea propostas, materiais e metodoloxías extensibles a contextos educativos diversos.

 

Consulta a convocatoria  para participar en Cinema en curso 2021-2021