LA POINTE COURTE
Agnès Varda, 1954
86´. Subtítulos en castelán.
LA POINTE COURTE
(Francia, 1954)
Dirección e guión: Agnès Varda. Produción: Ciné-Tamaris. Fotografía: Louis Stein. Intérpretes: Silvia Monfort, Philippe Noiret. Duración: 86 minutos.
Logo de catro anos de relación, unha parella está a piques de separarse. Na aldea natal do home, unha vila de pescadores chamada La Pointe Courte, preto de Sète, reviven sentimentos e inquedanzas. A primeira longametraxe de Agnès Varda, montada por Alain Resnais e (auto)producida en réxime de cooperativa é un filme libre, cheo de autenticidade -curiosamente preNouvelle Vague- que contén pisadas de Rosselllini.