THE WAR GAME
Peter Watkins, 1965
47’. Vídeo. Subtítulos en galego.
(Gran Bretaña, 1965)
Dirección e guión: Peter Watkins. Produción: Peter Watkins, BBC. Fotografía: Peter Bartlett, Peter Suschitzky. Intérpretes: Michael Aspel, Peter Graham, Kathy Staff, Peter Watkins. Dur.: 47 min.
Unha catástrofe nuclear asola o condado de Kent. Cidadáns estupefactos, evacuacións, autoridades con retórica baleira, entrevistas a pé de rúa, consecuencias, afeccións, estatísticas, o terror concéntrase no país que resistiu aos nazis. A película máis famosa do seu autor, coñecida polo veto da BBC e o estrafalario feito de ter gañado o Óscar ao mellor documental (recollido pola BBC).