
VA Y VIENE
João César Monteiro, 2003.
175’. Subtítulos en castelán.
VAI E VEM / VA Y VIENE
(Portugal-Francia, 2003)
Dirección e guión: João César Monteiro. Produción: Paulo Branco / Madragoa Filmes, Gemini Filmes, RTP, Arte. Fotografía: Mario Barroso. Intérpretes: João César Monteiro, Rita Pereira Marques, Joaquina Chicau, Manuela de Freitas. Dur.: 175 min.
A derradeira película de João César Monteiro (1934-2003), o realizador portugués de quen o CGAI programou nos últimos anos a práctica totalidade da súa filmografía. Presentada postumamente no Festival de Cannes de 2003, fóra de concurso, “Vai e vem” retrata un novo alter ego de Monteiro, João Vuvu, viúvo, sen familia, a excepción dun fillo no cárcere acusado dun dobre crime e atraco a man armada, que vive só nunha ampla e soleada casa con signos dunha apreciable riqueza nun dos barrios antigos de Lisboa. A necesidade urxente dunha asistenta e a saída do cárcere do seu fillo van desencadear unha serie de sombríos acontecementos.