
TURUMBA
Kidlat Tahimik, 1981
88´. Subtítulos en galego.
TURUMBA
(Filipinas, 1981)
Dirección e guión: Kidlat Tahimik. Produción: Kidlat Kulog para Flower Films. Fotografía: Roberto Yñíguez. Intérpretes: Homer Abiad, Iñigo Vito. Duración: 88 minutos.
En Pakil, unha vila tradicional situada na provincia de Laguna, unha familia vive de facer figuriñas de papel maché que logo venden en Turumba, o festival relixioso anual. O seu ritmo de traballo vese alterado cando un empresario alemán merca todas as existencias e realiza un pedido para a celebración xermana do Oktoberfest. Deste xeito o traballo estacional convérsese nunha alienante tarefa anual e, nun momento dado, a vila enteira acaba por transformarse nunha cadea de produción de mascotas para a Olimpíada de Múnic 1972. O éxito da familia coincidirá coa aparición do proletariado local e a progresiva perda dos valores autóctonos.