
THE TASTE OF TEA
Katsuhito Ishii, 2004.
143´. Subtítulos en galego.
CHA NO AJI / THE TASTE OF TEA
(Xapón, 2004)
Dirección e guión: Katsuhito Ishii. Produción: Grasshoppa. Fotografía: Kosuke Matushima. Intérpretes: Maya Banno, Takariho Sato. Duración: 143 minutos.
Fragmentos da vida dunha familia afincada no mundo rural, ao norte de Toquio. O home, a atípica ama de casa, o tío de volta da capital, un excelente retrato de grupo ao que o seu propio autor alude como unha versión surreal de “Fanny y Alexander” de Bergman.