
SOBIBÓR, 14 OCTOBRE 1943, 16 HEURES
Claude Lanzmann, 2001.
95´. Subtítulos en galego.
SOBIBOR, 14 OCTOBRE 1943, 16 HEURES
(Francia, 2001)
Dirección e guión: Claude Lanzmann. Produción: France 2 Cinéma, Why Not Productions e Les Films Aleph. Fotografía: Dominique Chapuis e Caroline Champetier. Duración: 95 minutos.
Lanzmann retoma outro episodio de Shoah: a exitosa evasión dun grupo de xudeus dun campo de exterminio, a través do relato de Yehuda Lerner, que tiña 17 anos cando nun minucioso plan de insurrección se encargou de partirlle a cabeza cun machado a un oficial nazi. De novo sedúcennos as verbas de Lanzmann: “Mais os museos e os monumentos institúen o esquecemento tanto como a memoria. É tempo de escoitar as verbas vivas de Yehuda Lerner”.