
SIN RETORNO
Julia Montejo, Jesús Nebot, 2001.
99’. Versión castelá.
NO TURNING BACK / SIN RETORNO
(Estados Unidos-España, 2001)
Dirección e guión: Julia Montejo, Jesús Nebot. Produción: Jesús Nebot, Chris Sablan. Argumento: Chris Sablan. Fotografía: Ian Fox. Intérpretes: Jesús Nebot, Lindsay Price, Vernée Watson Jonson, Susan Haskell. Dur.: 99 min.
No aniversario da súa filla Cristina o inmigrante hondureño Pablo toma prestada a furgoneta do seu xefe para darlle unha sorpresa á nena. De camiño ao colexio sofre un tráxico accidente que pode delatar a súa condición de inmigrante ilegal e o futuro da súa filla.