Olladas de muller 2016
Do 1 de marzo de 2016 ao 12 de marzo de 2016
Como xa vén sendo tradicional no mes de marzo, en colaboración co Consello da Cultura Galega organízase o ciclo Olladas de mulleres no mundo, que este ano, ademais das sesións dedicadas a Creadoras Galegas de Imaxe, con películas de Diana Toucedo, Illa Bufarda e Xisela Franco, inclúe unha pequena homenaxe á realizadora belga Chantal Akerman (1950-2015) con dúas películas que xiran arredor da súa relación coa nai, News from Home (1977), que proxectaremos en versión restaurada, e No Home Movie (2015), a súa última longametraxe, presentada pouco antes do seu falecemento en outubro do ano pasado. O ciclo inclúe tamén a polémica Paulina, de Santiago Mitre.
Agradecementos: Diana Toucedo, Amarante Compostela, Xisela Franco, Doc and Film (París), Cinematheque Royale de Belgique (Bruxelas).

En todas as mans

Fíos forá

News from home

No home movie

Paulina (La patota)
