
THE PRESIDENT´S LAST BANG
Im Sang-soo, 2005.
102´. Subtítulos en galego.
GEUDDAE GEUSARAMDEUL / THE PRESIDENT´S LAST BANG / [O DERRADEIRO GOLPE DO PRESIDENTE]
(Corea do Sur, 2005)
Dirección e guión: Im Sang-soo. Fotografía: Kim Woo-hyeong. Produción: MK Pictures. Intérpretes: Song Jae-ho, Han Suk-kyu. Duración: 102 minutos.
A noite do 26 de outubro de 1979, o ditador Park Chung-hee, que dirixira os destinos de Corea do Sur desde 1961 logo dun golpe de estado, ten unha cea con algúns dos seus máis estreitos colaboradores, que se disputan o seu favor, e varias mulleres. Aproveitando a reunión, o director dos servizos secretos disponse a asasinar o tirano. Premio Lino Brocka no certame de Manila.