
O ALQUIMISTA
Xosé Zapata, 2005
36’. Vídeo. Subtítulos en galego.
Presentación da película e do DVD dedicado a Leni Riefenstahl coa participación de Xosé Zapata (director), Ignacio Benedeti (produtor) e Juan Carlos Salgado (historiador). Entrada gratuíta.
O ALQUIMISTA
(España, 2005)
Dirección e guión: Xosé Zapata. Produción: Ignacio Benedeti Cinema. Fotografía: Justo Guisásola, José Carlos Núñez, Xosé Garrido e Xosé Zapata. Intérpretes: Dan Van Husen e Xacobe Sanz. Duración: 36 minutos.
Unha aproximación ás relacións existentes entre o réxime franquista e o nazismo entre os anos claves que van de 1936 a 1945, seguindo como fío condutor a vida do empresario nazi e xeneral da SS Johannes Bernhardt. O resultado de tres anos de investigacións.