Proximamente presentaranse as películas realizadas en Cinema en curso 2017-2018​

  • Publicamos o “making of” de Cinema en curso 2017-2018
  • O vindeiro 15 de xuño no CGAI terá lugar a presentación das películas realizadas en Galicia
Proximamente presentaranse as películas realizadas en Cinema en curso 2017-2018​

Compartimos convosco o fermoso making of de Cinema en curso 2017-2018, un programa internacional de pedagoxía do cine en escolas e institutos creado por A Bao A Qu. Moi pronto poderán verse no CGAI as catro películas realizadas polo alumnado participante neste curso en Galicia.

O 15 de xuño os alumnos de 4º de primaria a 4º de ESO do CPI Uxío Novoneyra en Pedrafita do Cebreiro, de 6º de primaria do Ceip A Rúa en Cangas, de 4º de primaria do Ceip de Tenorio en Cotobade e os alumnos de FP Básica do IES de Fene presentarán cada unha das película realizadas en Cinema en curso e abrirase un coloquio e un diálogo entre todos os participantes para coñecer e compartir todos os descubrimentos e procesos de creación, así como os cineastas que lles inspiraron nas súas decisións.

Os obradoiros de Cinema en curso en Galicia estiveron acompañados este ano por Xacio Baño, Marcos Flórez e Ángel Santos.