
NADIE SABE
Hirokazu Kore-eda, 2004
141’. Subtítulos en castelán
DARE MO SHIRANAI / NADIE SABE
(Xapón, 2004)
Dirección e guión: Hirokazu Kore-Eda. Produción: Hirokazu Kore-Eda, Shigenobu Yutaka / TV Man Union, Bandi Visual Co., Cine Qua Non Films, Engine Film, C-Style. Fotografía: Yutaka Yamasaki. Intérpretes: Yûya Yagira, Ayu Kitaura, Hiei Kimura, Momoko Shimizu, Hanae Kan. Dur.: 141 min.
Catro nenos viven tranquilamente con súa nai nun pisiño de Toquio. Todos son de diferentes pais e nunca foron á escola. Un día a nai desaparece deixando unha nota e uns poucos cartos. Os nenos intentan sobrevivir creando un mundo propio.