
MAYOR DUNDEE
Sam Peckinpah, 1965
136´. Subtítulos en castelán.
MAJOR DUNDEE / MAYOR DUNDEE
(Estados Unidos, 1965)
Dirección: Sam Peckinpah. Guión: Harry Julian Fink, Oscar Saul e Sam Peckinpah. Fotografía: Sam Leavit. Produción: Jerry Bresler Productions e Columbia Pictures. Intérpretes: Charlton Heston, Richard Harris, James Coburn, Senta Berger, Jim Hutton. Duración: 136 minutos.
Ao mando dun grupo de fanáticos, foraxidos e homes violentos, o Maior Charles Amos Dundee vai na procura duns rapaces secuestrados por guerreiros apaches encabezados por Sierra Charriba. O conflito entre Dundee e un antigo amigo ao que traizoou, o capitán Tyreen, marca o itinerario do exército cara a México, onde loitarán coas tropas do emperador Maximiliano. Moi alterada pola Columbia na montaxe (20 minutos de cortes), ofrécese a versión restaurada dun título maxistral que marxinou a Peckinpah da industria durante anos.