The Magnificent Ambersons / El cuarto mandamiento
Orson Welles, 1942
88´. 35mmm. Subt. castelán.
THE MAGNIFICENT AMBERSONS / EL CUARTO MANDAMIENTO
(Estados Unidos, 1942)
Dirección: Orson Welles. Guión: Orson Welles, segundo a novela de Booth Tarkington. Fotografía: Stanley Cortez. Produción: R.K.O., Mercury Production. Intérpretes: Tim Holt, Joseph Cotten, Dolores Costello. Duración: 88 minutos.
Unha saga familiar, os Amberson, donos da mansión más luxosa de Indianápolis a finais do século XIX, ve o declinar do seu esplendor ao tempo que asistimos ao crecemento do descendente, George, chulesco e soberbio. Segunda longametraxe de Welles, baseada nunha novela gañadora do premio Pulitzer en 1919. Nova e maxistral reflexión de Welles sobre o poder, o paso do tempo e a figura do progreso para un melodrama familiar rico en imaxes, recursos, admirables contrapuntos, fastuosa capacidad técnica, unha nova, gozosa e constante reinvención do cine.