
LOS NIBELUNGOS II Parte
Fritz Lang, 1923-24
134´. Muda con rótulos en galego
DIE NIEBELUNGEN: KRIEMHILDS RACHE / LOS NIBELUNGOS
(Alemaña, 1923-1924)
Dirección: Fritz Lang. Guión: Fritz Lang e Thea von Harbou, sobre as lendas dos nibelungos e as sagas nórdicas. Produción: Decla-Bioscop e UFA. Fotografía: Carl Hoffman, Günther Rittau e Walter Ruttman. Intérpretes: Paul Richter, Margarette Schön, Rudolph Klein-Rogge. Duración: 134 minutos.
Kriemhild casa con Etzel o huno, dálle un fillo e, planeando vingarse, convida a Gunther e ao seu criado a un gran banquete, durante o que os hunos masacran aos soldados do seu irmán. Ten lugar unha terrible batalla. Traxedia chea de achados escénicos e insercións do cotián.