
LOS NIBELUNGOS I parte
Fritz Lang, 1923-24
128´. Muda con rótulos en galego.
DIE NIBELUNGEN: SIEGFRIED / LOS NIBELUNGOS
(Alemaña, 1923-1924)
Dirección: Fritz Lang. Guión: Fritz Lang e Thea von Harbou, sobre as lendas dos nibelungos e as sagas nórdicas. Produción: Decla-Bioscop e UFA. Fotografía: Carl Hoffman, Günther Rittau e Walter Ruttman. Intérpretes: Paul Richter, Margarette Schön, Rudolph Klein-Rogge. Duración: 128 minutos.
Para ganar a man de Kriemhild, Siegfried debe lograr que o irmán dela, Gunther, case con Brunhild, unha muller feroz que ten un xuramento: só casará co home que a derrote en combate man a man. Baseada en parte no gran poema primitivo xermánico do século XIII que tamén inspirara a Wagner. Lección de épica poética aplicada ás vellas lendas xermánicas.