
LOIN DU VIETNAM
Chris Marker, 1967
115´. Subtítulos en galego.
LOIN DU VIÊT-NAM [LONXE DE VIETNAM]
(Francia, 1967)
Dirección: Joris Ivens, Alain Resnais, Jean-Luc Godard, William Klein, Claude Lelouch, Agnès Varda, Chris Marker. Guión: Chris Marker, Jean-Luc Godard / Joris Ivens, Alain Resnais, Jean-Luc Godard, William Klein, Claude Lelouch, Agnès Varda. Produtor: Jacqueline Meppiel, Andréa Haran. Produción: Slon. Fotografía: Ghislain Cloquet / Jean Boffety, Denys Clerval, Ghislain Cloquet, Willy Kurant, Alain Levent, Kieu Tham. Bernard Zitzermann / Chris Marker, Michel Ray, Roger Pic, Marceline Loridan, François Maspéro, Jacques Sternberg, Jean Lacouture. Intérpretes: Bernard Fresson, Anne Bellec, Karen Blanguernon, Valérie Mayoux, Marie-France Mignal. Duración: 115 minutos.
Documental composto por seis episodios que amosan un punto de vista crítico sobre a implicación estadounidense en Vietnam. Un dos proxectos militantes máis importantes da historia que representa o nacemento do colectivo de produción e distribución cinematográfica de intervención política encabezado por Marker “Slon”, á súa vez xerme da produtora “ISKRA”. Consta de doce segmentos, só dous deles firmados, que mesturan ensaio, noticiario, pezas de ficción e análise documental.