LENIN VIVO
Joaquín Jordá, 1970
37’. Vídeo. Subtítulos en galego.
LENIN VIVO
(Italia, 1970)
Dirección e guión: Joaquín Jordá e Gianni Totti. Produción: UNITELE FILM. Duración: 37 minutos.
Encargo do Partido Comunista Italiano con motivo do centenario de Lenin que, nun exercicio de precisión e audacia histórica e política, engarza en tres partes o pasado e o presente dos movementos obreiros. O nacemento de Lenin en paralelo á Comuna de París, unha compilación de imaxes sobre a súa vida que trata de rescatar un asomo de obxectividade histórica e unha montaxe dos sucesos máis relevantes do presente estruturan o seu contido.