LANDSCAPES IN A TRUCK
Andrés Duque, 2006
39´. Vídeo. Entrada gratuíta.
LANDSCAPES IN A TRUCK
(España, 2006)
Dirección, guión e fotografía: Andrés Duque. Produción: Richard Browse, Clara Balaguer e Pablo Nolla. Intérpretes: Shaun Irving, Richard Browse. Duración: 39 minutos.
Esta é unha película sobre unha viaxe ao redor de España onde non hai nin protagonistas nin narrativa con lóxica común. Os protagonistas están facendo fotografías de paisaxes en gran formato, aproveitando a caixa dun camión de reparto que converteron en cámara escura.