
LA SOLITUDE DU CHANTEUR DU FOND
Chris Marker, 1974
60’. Subtítulos en galego.
LA SOLITUDE DU CHANTEUR DU FOND [A SOIDADE DO CANTANTE DE FONDO]
(Francia, 1974)
Dirección e guión: Chris Marker. Produción: Seuil Audiovisuel. Fotografía: Pierre Lhomme, Yann Le Masson, Jacques Renard. Duración: 60 minutos.
O cantante e actor francés Yves Montand prepara un único concerto de apoio ás vítimas do golpe de estado fascista en Chile o 12 de febreiro de 1974. Montand regresa á escena do “music-hall” despois de anos, o que provoca primeiro unha minuciosa preparación de tres semanas de ensaios na sala Olympia de París e posteriormente unha emotiva actuación.