
LA JETÉE
Chris Marker, 1962
28´. Subtítulos en galego.
LA JETÉE
(Francia, 1962)
Dirección, guión e fotografía: Chris Marker. Produtor: Anatole Dauman. Produción: Argos Film. Intérpretes: Hélène Chatelain, Davos Hanich, Jacques Ledoux, André Heinrich. Duración: 28 minutos.
A Terra está en ruínas tras unha gran guerra nuclear. Os superviventes envían un deles ao pasado para que intente evitar a dita contenda. O elixido é un home que garda un recordo da súa infancia, un asasinato que viu no aeroporto de Orly. Mítica fonte de inspiración de boa parte do cinema moderno, “Twelve monkeys” de Terry Gilliam baséase directamente nela.