
LA EVASIÓN
Jacques Becker, 1960
113´. Subtítulos en castelán.
LE TROU / LA EVASIÓN
(Francia-Italia, 1960)
Dirección: Jacques Becker. Guión: Jean Aurel, Jacques Becker e José Giovanni. Produtor: Serge Silberman. Produción: Play Art (Francia), Filmsonor (Francia), Titanus (Italia). Fotografía: Ghislain Cloquet. Intérpretes: Michel Constantin, Jean Kéraudy, Philippe Leroy, Raymond Meunier. Duración: 113 minutos.
O filme póstumo de Jacques Becker funciona como unha minuciosa e intensa reconstrución dunha evasión carceraria, cumio dos filmes de fugas, que prolongaba outro dos seus grandes tratamentos, a dimensión humana dos personaxes, os códigos morais desde a amizade á traizón, afastando o relato do recente e tamén maxistral “Un condenado a muerte se ha escapado” de Robert Bresson.