
HANA
Hirokazu Kore-eda, 2006.
124. Subtítulos en castelán.
HANA YORI MO NAHO / HANA
(Xapón, 2006)
Dirección e guión: Hirokazu Kore-eda. Fotografía: Yutaka Yamasaki. Produción: Hana Film Partners e Kinema Kenkyu-jo. Intérpretes: Junichi Okada, Rie Miyazawa, Arata Furuta. Duración: 124 minutos.
1702, unha época na que os clans de samurais ofrecen recompensas económicas aos guerreiros que leven a cabo os seus actos de vinganza. Sozaemon Aoki, un mozo samurai, chega a Edo (actual Toquio) co propósito de vingar a seu defunto pai. Torpe coa espada, cada vez máis interesado polas relacións humanas, Sozaemon comeza a cuestionarse o sentido dese acto.