Foro Academia Aberta´06
AUTOPISTA, UNHA NAVALLADA Á NOSA TERRA (Llorenç Soler, 1977)
O MONTE É NOSO (Llorenç Soler, 1978)
PEGADAS (Llorenç Soler, 1997)
96´. Vídeo. Entrada libre e gratuíta.
AUTOPISTA, UNHA NAVALLADA Á NOSA TERRA
(España, 1977)
Dirección, guión e fotografía: Llorenç Soler. Produción: Ana Turbau e Llorenç Soler. Duración: 30 minutos.
Traballo militante da etapa da transición política en Galicia, centrado nos labregos que ven destruídas as súas terras pola construción dunha autoestrada que enlazará A Coruña con Vigo.
O MONTE É NOSO
(España, 1978)
Dirección, guión e fotografía: Llorenç Soler. Produción: Llorenç Soler para a Coordinadora Nacional (Galega) de Montes Comunais. Duración: 33 minutos.
As loitas do campesiñado galego pola recuperación da propiedade dos montes comunais. Unha perspectiva múltiple permite un filme-enquisa que dá voz aos desfavorecidos baixo a música de Milladoiro.
PEGADAS
(España, 1997)
Dirección: Llorenç Soler. Produción: TVG e Universidade de Santiago. Duración: 33 minutos.
Traballo realizado por Soler noutra estadía en Galicia, unha das variadas propostas (xunto a xentes como Patricio Guzmán, Patino, Joao Botelho e Belkis Vega) incluídas no posgrao “O guión e o estilo documental”, organizado pola Universidade de Santiago.