
FINISTERRE
Xavier Villaverde, 1998
100´. Cine. Entrada gratuíta.
FINISTERRE
(España, 1999)
Dirección: Xavier Villaverde. Guión: Miguel Anxo Murado. Produción: Continental e Tornasol. Fotografía: Javier García-Salmones. Intérpretes: Nancho Novo, Elena Anaya, Enrique Alcides. Duración: 100 minutos.
Berto e Mario son dous irmáns nados na Costa da Morte, fillos dunha parella de hippys que se instalaron alí a finais dos anos sesenta cheos de ideais. Cando o irmán máis novo, Mario, aínda é un cativo, o pai abandónaos. Os irmáns crecen coa idea de se reuniren con el. Pero Mario e Berto separan os seus camiños e seis anos despois reencóntranse.