FILMMAKER (ABOUT VICTOR KOSSAKOVSKY)
Carlos Esbert, Cristóbal Fernández e Antoni Pinent, 2004
55´. Vídeo. Entrada gratuíta.
FILMMAKER (ABOUT VICTOR KOSSAKOVSKY)
(España, 2004)
Dirección: Cristóbal Fernández, Carlos Esbert e Antoni Pinent. Produción: Carlos Esbert. Duración: 55 minutos.
O cineasta Victor Kossakovsky nunca compartiu a experiencia de filmar con ninguén. “Filmmaker” reflicte a súa estadía no Máster de Cine Documental da Universitat Pompeu Fabra de Barcelona. Propón aos alumnos un reto colectivo: preparar un ou dous planos por persoa coa condición única de que sexan panorámicas de esquerda a dereita. Xuntos montan a película, que se chama Panorama.