
Sleep of Reason
Der Schalf Der Vernunft
Ida di Benedetto, Pina Esposito, Marta Bifano, Stefania Bifano
- 82 minutos
Sororidade é a palabra clave para falar desta película, a medio camiño entre o espírito combativo e o desencanto, nunha inusual e inventiva visión psicolóxica dos conflitos interiores propiamente femininos. Pois as relacións entre Dea (trasunto de Medea), xinecóloga e investigadora, a nai, as fillas e as compañeiras non parará de se deteriorar mentres as vidas de todas estean gobernadas por homes: desde o marido infiel, o dono da industria farmacéutica con que Dea entra en conflito cando descobre e denuncia os efectos secundarios da súa píldora anticonceptiva, ata o patriarca invisible que mantén a nai na cociña e o home ideal que poboa os soños da filla.
- Ano:1984
- Países de produción: Alemaña
- Guión: Ula Stöckl
- Fotografía: Axel Block