
¿Qué vemos cuando miramos al cielo?
Ras vkhedavt, rodesac cas vukurebt?
Ani Karseladze, Giorgi Bochorishvili
- 150 minutos
Lisa e Giorgi atópanse por casualidade nunha rúa da cidade xeorxiana de Kutaisi e o frechazo é inmediato. Tanto, que incluso esquecen preguntarse os seus nomes. Antes de continuar o seu camiño, acordan xuntarse ao día seguinte. Pouco saben que un mal de ollo lles feitiza. Conseguirán reencontrarse? E se o fan, saberán quénes son? Premio FIPRESCI na pasada Berlinale, Alexandre Koberidze explica unha historia de amor como nunca a viramos. Tamén captura a atmósfera única da capital histórica de Xeorxia, cos seus ritmos máxicos, o encanto dos seus currunchos cotiáns e os seus cans aficionados ao fútbol. Unha celebración da maxia reveladora do cine no título máis sorprendente da tempada.
- Ano:2021
- Países de produción: Alemaña, Georgia
- Guión: Alexandre Koberidze
- Fotografía: Faraz Fesharaki
- Montaxe: Alexandre Koberidze
- Produtora(s): DFFB, Sakdoc Film, New Matter Films, Rundfunk Berlin Brandenburgr