
O camiño de toda a carne
The Way of All Flesh
- 59 minutos
En 1951, unha muller morreu en Baltimore, EUA. Chamábase Henrietta Lacks. Estas son células do seu corpo. Tomáronse xusto antes da súa morte. Non pararon de medrar e multiplicarse dende ese momento.
Hai agora mesmo billóns destas células en laboratorios de todo o mundo. Se se pesasen xuntas equivalerían 400 veces ao seu peso orixinal. Estas células transformaron a medicina moderna, mais tamén se viron mesturadas na política do noso tempo. Dan forma ás políticas dos nosos países e presidentes. Mesmo se viron involucradas na Guerra Fría porque os científicos estaban convencidos de que nas súas células durmía o segredo para conquistar a morte. (Just Adam Curtis)
- Ano:1997
- Países de produción: Reino Unido