
Los niños del paraíso
Les enfants du paradis
Arletty, Jean-Louis Barrault, Pierre Brasseur, María Casares
- 190 minutos
Seguramente o filme francés máis famoso da Historia do cine. Dividido en dúas partes -Le Boulevard du crime e L´homme blanc- integradas nunha, é un melodrama amoroso con fondo teatral. No París da primeira métade do século XIX, un mimo namora dunha misteriosa rapaza da feira, á que tamén desexa un escritor revolucionario. O mimo casa e a muller, desilusionada, mantén unha cínica relación cun conde. Anos despois, vólvense atopar. Fluidez narrativa, hábil conxunción de elementos (o uso en alternancia do teatro), a consagración de Arletty, a profunda ironía chea de sabedoría ou o amargo romanticismo do relato constitúen un filme de visión obrigada. Versión restaurada do primeiro filme francés estreado na Francia liberada.
- Ano:1945
- Países de produción: Francia
- Guión: Jacques Prévert
- Fotografía: Roger Hubert
- Produtora(s): Pathé