
Lago amargo
Bitter Lake
- 136 minutos
Curtis usa material descartado pola BBC para contar as noticias sobre a guerra en Afganistán e constrúe un relato alternativo, máis emocional e profundo do que adoitamos ver nos informativos. Un filme que fala sobre a incapacidade dos políticos para comprenderen o mundo e actuaren en consecuencia.
- Ano:2015
- Países de produción: Reino Unido
- Produtora(s): BBC
Bitter Lake
BBC
Os políticos adoitaban ter a confianza para contarnos historias que lle desen sentido ao caos dos acontecementos mundiais. Mais xa non quedan grandes historias e os políticos reaccionan de xeito aleatorio a cada nova crise, deixándonos desconcertados e desorientados.
Bitter Lake é o novo aventureiro e épico filme de Adam Curtis, que explica por que as grandes historias que os políticos nos contan se converteron en algo tan simplificado que non podemos ver xa o mundo como é.
A narración viaxa a todo o mundo: América, Gran Bretaña, Rusia e Arabia Saudita, mais o país que está no corazón de todo é Afganistán. Porque Afganistán é o lugar que puxo os nosos políticos ante a horrible verdade, así que xa non son quen de comprender que está a acontecer.
O filme revela as forzas que se alzaron nos últimos trinta anos e minaron a seguridade dos políticos para comprenderen o mundo. E mostra o estraño e escuro papel que Arabia Saudita xogou en todo isto.
Mais Bitter Lake tamén é experimental. Curtis tomou os descartes sen montar de todo o que a BBC ten filmado en Afganistán e usounos de novas e radicais maneiras.
Intentou construír un xeito diferente e máis emocional de retratar o que verdadeiramente pasou en Afganistán. Un contrapunto ás finas, estreitas e cada vez máis destrutivas historias que nos contan os que hoxe ostentan o poder. (BBC)