
Johnny Guitar
Johnny Guitar
Joan Crawford, Sterling Hayden, Scott Brady, Mercedes McCambridge, Ward Bond, Ernest Borgnine, John Carradine, Royal Dano, Ben Cooper
- 110 minutos
Vienna leva un salón nos arrabaldes dunha cidade do salvaxe Oeste, onde non é moi apreciada por algúns veciños influíntes do lugar, que intentan expulsala custe o que custar. A aparición dun antigo amante, Johnny Guitar, destro pistoleiro, axudaraa a afrontar ese difícil momento.
Clásico indiscutible de Nicholas Ray, onde relocen uns desenfadados Joan Crawford e Sterling Hayden nos papeis protagonistas, coa excelente fotografía de Harry Stradling para darlles brillo.
___
Agradecementos: Filmoteca Española.
- Ano:1954
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: Philip Yordan
- Fotografía: Harry Stradling
- Montaxe: Richard L. Van Enger
- Produtora(s): Republic Pictures
-
In praise of Sterling Hayden – cinema’s nicest tough guy
Artigo de Stephen Puddicombe (Little White Lies) sobre a traxectoria de Sterling Hayden. Dispoñible só en inglés.
-
LA SECUENCIA FAVORITA DE... Jaime Rosales
O director de cine Jaime Rosales escolle a súa escena favorita de Johnny Guitar e explica a súa elección.
Secuencia do filme
Subtítulos en español.
En eloxio a Sterling Hayden – o tipo duro máis amable do cine
Stephen Puddicombe
“Hai algo nun home alto que fai que a xente se poña en garda e se fixe”. Iso di alguén que está ao carón de Sterling Hayden na súa introdución no clásico alternativo do western Johnny Guitar. Non se trabuca – o primeiro no que un repara é nun Hayden de impresionante estatura –. Cos seus 1'9 metros, é literalmente unha torre ao lado dos seus coprotagonistas e móvese con autoridade sen esforzos.
Hai, porén, moito máis en Hayden que a súa impresionante estatura. Esa secuencia de apertura en Johnny Guitar mostra a súa gravitas de tipo duro, mentres mide a clientela do lugar con todo o meneo dos grandes heroes do western coma John Wayne ou Clint Eastwood, a se arrastrar profundamente e con estrondo para redondear o seu estatus de home duro.
Pero é máis tarde na película, cando o foco xira á relación coa subversiva propietaria do salón interpretada por Joan Crawford, cando brillan as súas multifacéticas habilidades actorais. Con sutís cambios na expresión facial transforma a súa dura e ameazadora ollada de pistoleiro do salvaxe oeste na faciana suave e atractiva dun sensible protagonista romántico. Paramount deulle o alcume unha vez, ao cabo, do “home máis belo do cine”.
Puddicombe, Stephen, “In praise of Sterling Hayden – cinema’s nicest tough guy”, en Little White Lies.