
Hamlet Prince de Danemark
Roger Coggio, María Casares, Daniel Sorano, Mireille Darc
- 157 minutos
Primeiro espectáculo teatral ao aire libre rexistrado polas cámaras de televisión en Francia. Retransmisión íntegra da peza teatral que adapta Hamlet de William Shakespeare, en directo no Grand Théâtre de la Cité, no marco do Festival de Carcassonne, o 14 de xullo de 1960, logo de dúas representacións nos días previos non filmadas. Claude Barma, que xa dirixira o telefilme Macbeth, tamén con María Casares e que se puido ver na Filmoteca de Galicia en decembro de 2022, propón unha singular combinación entre os recursos do teatro popular e os do cine, incluíndo un laborioso xogo cos espazos.
- Ano:1960
- Países de produción: Francia
- Guión: Yves Bonnefoy (adaptación); William Shakespeare
- Fotografía: Jacques Lemare
- Produtora(s): RTF