
En todas as mans
Diana Toucedo
100’. DCP. Presentación: Encarna Otero. Entrada de balde.
EN TODAS AS MANS
(España, Portugal, 2015)
Dirección: Diana Toucedo. Produción: Trespés Coop. Galega. Guión: Diana Toucedo, Alberte Román. Fotografía: Iván Castiñeiras. Dur.: 100'.
No país do minifundismo permanece unha realidade que é de todas e, ao tempo, de ninguén. Así é o mundo dos montes veciñais en mancomún. Esta forma de titularidade comunitaria asenta as súas raíces nunha concepción colectiva do territorio e fai parte do patrimonio cultural galego. Hai trinta anos os seus lexítimos donos, a veciñanza dos lugares, comezaron a recuperar a xestión dos montes veciñais; é tempo, pois, de realizarmos unha achega á situación actual deste réxime de titularidade. Este documental pretende construír un relato tecido coas voces das xentes das comunidades e do ámbito académico; unha ollada diversa, unha reflexión colectiva sobre o monte veciñal e mais o seu futuro.