Xogo das mensaxes invisibles, O

Xogo das mensaxes invisibles, O

110 min. Produtora(s):  Pilar Sueiro Guión:  Juan Pinzás, Álvaro Pombo Fotografía:  Carlos Suárez Antonio Ferrandis, Eusebio Poncela, María Barranco, José Luis López Vázquez, Mayrata O'Wisiedo, Raúl Freire, Pablo F. Corbacho.

A película conta a historia de dous escritores, unha nai xa defunta e o seu fillo, Pancho, de setenta anos de idade, illado nun pazo en Galicia, non lonxe do mar e atendido por unha criada anciá e insondable. Irrompe o pasado coa inesperada visita dun home que vinte anos atrás fora secretario de Pancho. Pouco despois, un rapaz, fillo dese home, instálase no pazo... e as consecuencias dese pasado empuxan a historia cara a un final tráxico, irónico e insospeitable.