Urxa

Urxa

87 min. Produtora(s):  Xosé Xoan Cabanas Cao, Xosé Xoan Cabanas Cao Guión:  Carlos A. López Piñeiro, Alfedo García Pinal Fotografía:  Javier Serrano Luma Gómez, Raquel Lagares, Alfonso Valenzuela, Laura Ponte, Vicente Montoto, Luis Lemos, Carlos Vilavó, Manuel Bouzón, Pancho Martínez, Teresa Horro, Anxel Goday, Juan Corral, César Silvent, Blanca Cendán, Miguel de Lira, Feli Manzano, Teresa Barral, María Xosé Bouzas, Tucho Lagares, Ernesto Chao, Miguel Pernas, Salomé Lorenzo, Teresa Nájera

Urxa conta tres momentos na vida dunha muller durante o século actual na sociedada galega. O seu rol máxico vencellado ao contorno sociocultural e á natureza, da que é preservadora e “medium”.

No primeiro episodio, O medallón de Urxa, prodúcese o relevo no oficio: unha vella transmítelle o espírito e os saberes á súa sucesora adolescente, filla única dunha casa que desaparece se ela segue outros vieiros. Encádrase a acción a comezos de século e como fondo temos o valor cultural da “casa” no medio rural.

Anos 40. O prestixio da “casa” e os seus compoñentes é aquí o motivo central. Cómplice dun indiano, de quen se conta agochou a súa fortuna nun sitio descoñecido, Urxa-Ádega salvagarda no Arcón de Petro Xesto a vida e a memoria do seu amigo da nenez. De seguido os elementos urbanos veñen a incidir na cultura máxica rural. Os que eran protagonistas no medio de seu deixan aparentemente de selo. No ídolo de Milder un arqueólogo provoca o desenlace dunha vella lenda narrada por Urxa. Nada troca, só que os valores e as ideas toman outras formas.