Ir o contido principal
Taxia

Taxia

3 min. Produtora(s):  Manolo Gómez Guión:  David Robles Fotografía:  Alejandro Bálsamo

Taxia é a historia dunha anciá que, pola súa idade, sofre alteracións na súa percepción da realidade. E isto, nalgunhas ocasións, leva o noso personaxe a adoptar unha conducta un tanto psicópata. Comparten protagonismo coa anciá un grupo de adolescentes e a súa música, música atronadora que irrompe nas tranquilas vidas daqueles que se cruzan no seu camiño.