Sempre Xonxa

Sempre Xonxa

114 min. Produtora(s):  Rafael Girón, Manuel M. Mallo Guión:  Chano Piñeiro Fotografía:  Miguel Ángel Trujillo Uxía Blanco, Xavier R. Lourido, Miguel Insua, Roberto Vidal Bolaño, Roberto Casteleiro, Rodrigo Roel, Aurora Redondo, Loles León, María Viñas, Roberto Fernández, Manuel Alonso Pérez, Gisela Romero, Javier Rocha, Miguel Angel Gómez.

A historia dunha muller, Xonxa, e dous homes, Pancho e Birutas, e as súas relacións desde a infancia no ano 1947 até a súa madurez en 1986. A emigración nas dúas vertentes de éxito e miseria, a complexidade das relacións humanas, as lendas que se confunden coa realidade, o trasmundo dunha aldea que vai morrendo, perdida nos montes de Galicia. O humor mestúrase co realismo máxico, tan presente na cultura e na realidade galegas.