Saúde, diñeiro e amor

Saúde, diñeiro e amor

22 min. x capítulo Produtora(s):  Guión:  José de Cora Fotografía:  Luzsón

Docuserie de 13 capítulos sobre como as pedras e montes, plantas e árbores; augas, ríos e fontes foron desde sempre os intermediarios máxicos entres os galegos e aquilo que cada un desexaba acadar.
Coa cristianización moitos deses elementos da natureza formaron parte da chamada relixiosidade popular, que por veces discorre en paralelo cos ritos oficiais, e que noutras se confunden coa propia ortodoxia sen que ninguén o considere unha contradición. As arelas dos peticionarios non son outras que a saúde, o diñeiro e o amor.