Prólogo

Prólogo

13 min. Produtora(s):  Xavier Trepat, Marga Sampaio Guión:  Manuel Abad Fotografía:  Anxel Rei, Javier Vergara, Javier G. Amancio

Alfonso X, que en vida tivo o alcume do "Sabio", deixounos unhas "Cantigas" publicadas no idioma "poético" da época: o galego. No prólogo ás mesmas fala da necesidade de "trovar", é dicir, de comunicar, transmitir unhas mensaxes, uns coñecementos que, neste caso, tiña como motivación o "loor da Virxe... Nosa Señora". En Prólogo faise unha interpretación que funde ámbolos conceptos: o do milagre e o da comunicación que fai posible a súa transmisión.