Ir o contido principal
Neno con Pernas de Pomba, O

Neno con Pernas de Pomba, O

30 min. Produtora(s):  Guión:  Manuel Abad Fotografía:  Arximiro M. García

Pablo Picasso chegou ós 10 anos, en 1891, ó peirao de Vigo, trasladándose logo por ferrocarril ata A Coruña, onde permanece ata 1895. Nestes anos foi cando aprendeu a pintar e debuxar na Escola de Artes e Oficios, onde seu pai era profesor. Produciuse tamén durante esta estancia un feito transcendental: o pai deixa de pintar e cédelle "os trastes" ó fillo para que este continúe, ó ver xa a súa madurez neste campo. O vídeo tenta reflectir estes anos a través duns rapaces nunha clase de plástica.