Aves acúaticas, as garzas

Aves acúaticas, as garzas

12 min. Produtora(s):  Guión:  Yago Mazoy, Quique Alvarellos Fotografía:  Pedro Gasalla, Juan Gegunde, Alberto Trabada

Capítulo piloto dunha serie encamiñada a introducir o espectador na práctica da clasificación de especies animais e vexetais de todos os ecosistemas presentes en Galicia. No programa danse as directrices básicas para atopar e describir especies, e anímase ao espectador a poñer en práctica a súa aprendizaxe por medio da observación de campo; neste caso, a través da garza real e a garceta común, aves acuáticas que se asentan no noso ecosistema. Descríbense neste capítulo as características máis sinificativas de ambas as dúas: pertencen ao grupo das ardeidas, son de esbelta figura, os xigantes da nosa bifauna, a cor das súas plumas, a súa maneira de pescar e os seus asentamentos: en Castrelo, Ría de Ribadeo, Ferrol, Muros e no Esteiro do Miño.