
EL TESORO DE SIERRA MADRE
John Huston, 1948
126’. Subtítulos en castelán
THE TREASURE OF SIERRA MADRE / EL TESORO DE SIERRA MADRE
(Estados Unidos, 1948)
Dirección e guión: John Huston. Argumento: a novela de B. Traven. Produción: Warner Bros. Fotografía: Ted McCord. Intérpretes: Humphrey Bogart, Walter Huston, Tim Holt, Bruce Bennett. Duración: 126 min.
A viaxe sen fácil retorno de tres aventureiros que parten na procura de ouro cara ao deserto mexicano nos anos 20. Reparto de luxo, Óscar para Huston pai e fillo nun relato de aventuras que consolidaba a fascinación do cineasta por certos lugares, a ruptura coa épica tradicional e a atracción pola complexidade da conduta humana e os seus retos derivados.