Ir o contido principal
Cidadanía Dixital

Cidadanía Dixital

Cidadanía Dixital é unha iniciativa para contribuír á educación mediática e dixital da comunidade educativa e, por extensión, de toda a cidadanía.

Cidadanía dixital propón, a través dunha orientación eminentemente práctica:

  • Entender a industria dixital e o sistema socio-cultural que xera, analizando conexións entre reality shows e redes sociais.
  • Reflexionar e repensarse como usuarios tecnolóxicos. Ser conscientes dos roles que despregamos ante a tecnoloxía.
  • Programar contidos e prácticas propias dunha cidadanía dixital.

O proxecto desenvólvese como un traballo integrado na aula e propón estratexias, persoais e colectivas, para xestionar un uso consciente, responsable e transformador da tecnoloxía dixital. Servíndose da metáfora da comida, o programa propón un Receitario de cidadanía dixital cunha guía de recursos audiovisuais para debatir e poñer en práctica.

Cidadanía dixital nace dun grupo de investigación da Universidade Rey Juan Carlos, Ciberdemocracia, cunha longa traxectoria na análise das formas de participación cidadá na contorna dixital.

En Galicia Cidadanía dixital coordínase desde o CGAI-AGADIC no marco do Plan Proxecta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia.

Consulta a convocatoria para participar en Cidadanía dixital no curso 2019-2020

Máis información en www.dieteticadigital.net