Ir o contido principal
CGAI Júnior, Novas Miradas e CinEd

CGAI Júnior, Novas Miradas e CinEd

O CGAI mantén unha programación regular de cine orientada á formación de novos públicos. Proxéctanse películas de diferentes épocas, autores e culturas co obxectivo de crear a oportunidade de que os máis novos poidan descubrir, sempre nas mellores condicións, a diversidade e a riqueza do cine.

A programación estrutúrase en dúas seccións:

  • CGAI Júnior – pensada para público familiar ademais de alumnado de infantil e primaria de centros educativos.
  • Novas miradas – diríxese ao alumnado de secundaria, bacharelato e ciclos formativos.

En ambos os programas colaboramos co proxecto europeo CinEd, unha colección de cine europeo para a infancia e a mocidade.

O CGAI organiza varias formacións para docentes pensadas para proporcionárenlles ferramentas, recursos e materiais que lles permitan traballar co cine de modo transversal nas diferentes materias curriculares. Amais con cada película prepárase un caderno didáctico con propostas para traballar na aula.