
Curtametraxes João Pedro Rodrigues
105'. DCP.
Curtametraxes JOÃO PEDRO RODRIGUES
(Portugal, 2011-2013)
Dirección e guión: João Pedro Rodrigues (e João Rui Guerra da Mata). Fotografía: Rui Poças, José Magro, João Pedro Rodrigues, João Rui Guerra da Mata. Duración: 105 minutos.
Un percorrido polos memorables traballos curtos de João Pedro Rodrigues: a multipremiada e poética achega ao Mercado de Macau de Alvorada Vermelha (2011), codirixida por João Rui Guerra da Mata; o relato cotián de mortos viventes de Manhã de Santo António (2012); a aproximación ao primeiro rei portugués, Don Afonso Henriques, O corpo de Afonso (2012); a persecución da pantasma dunha muller loura en Mahjong (2013), codirixida por João Rui Guerra da Mata.